We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

PAVA2

by Lucía Aldao

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €14 EUR  or more

     

1.
Amor, isto é o único que lle pides á vida así que isto é o que cres que necesitas entón é isto o que che fai sentir ben Ou non, que cutre dicir que todo era unha mentira que pouco aportas se fas que isto se repita non se pode vir así a unha canción Amor, a paz é cara porque igual non a queremos eu tamén caio adrede e boto a culpa ós freos a cicatriz é carta de presentación E non, non é por cínica ou capricho que me doia pero por crítica e precaria o que me amola é ver o ben que convivo co terror Amor, será isto o peor ou o mellor das nosas vidas? Eu que sempre quero ter a quen culpar “xa está escrito”, canta unha poeta oral Amor, mira que autobiografía involuntaria todo o ouro que non teño e unha palabra tamén iso podo capitalizar Amor, xa non quero estar aquí, xa non me gusta este cuarto está forrado de dolor a misántropa riquiña... xa marchou?
2.
Ala, veña 03:57
E dixo con toda a lei inda que pareza un espanto máis non aguanto se hai que ferir, firo eu E vai ensaiando a indulxencia tamén o verbo despachar repite comigo: eu tampouco navegar Anaquiños de ostracismo feitos co que teñas a man que é a boca que ben o fas regular Quen envexa a quen envexa? Dis ti tan disposta a morrer. Non te conteñas tes boa madeira de ex Un só dato incuestionable un premio deserto á razón: quen ri de última máis tempo triste botou
3.
Somos a túa moral escrupulosa e estás equivocada Somos a xente á que fixeches dano, sóanos a túa cara Somos o día que pediches outra e nunca máis fuches a casa Somos todo iso que pagaches coa moeda da desgana Ímosche timbrar Ímosche pedir que saias e que nos deixes pasar porque queremos comprobar de que cor tedes as sabas as que vivides aí... como está dobrada a roupa das persoas coma ti Somos aquela vez que che dixeron “isto si pero iso non” Somos as túas amigas todas xuntas vimos quitarche a razón Somos a calidade de indomable da que adoitas presumir Somos as pantasmas do pasado. Abre, xa estamos aquí Ímosche timbrar Ímosche pedir que poñas o traxe da comuñón para que poidas comprobar que houbo un corpo e agora hai outro que merece descansar... Ese ollos cos que miras é o que tes que te mirar Abre a porta Dá a cara Vémoste pola ventá Esa luz que apagaches non che quita de brillar
4.
Chama a alguén que te queira que mire por ti Anda busca aí unha amiga (hoxe ides discutir) Sensata e con coche, que sexa quen de dicir: Esa canción que tanto che gusta esa canción que cantas sempre esa canción que tanto bailas fala mal de ti Esa canción que soa no inferno esa que non bailan todas a trivial con traxe de intensa fala mal de ti Veña dille que sen ela que sería de ti Dille grazas compañeira quero ser así: sensata e con coche. Sen fallo recórdame que Esa canción que tanto me gusta esa canción que canto sempre esa canción que tanto bailo fala mal de min Esa canción que soa no inferno esa que non bailan todas a trivial con traxe de intensa fala mal de min

credits

released December 29, 2022

Produción musical, deseño e imaxe de Diego Delgado

license

all rights reserved

tags

about

Lucía Aldao A Coruña, Spain

Lucía Aldao é unha poeta coruñesa nacida en 1982. Leva máis de 20 anos dedicándose de xeito profesional ao mundo da poesía escénica, da música e do humor.

contact / help

Contact Lucía Aldao

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Lucía Aldao, you may also like: