1. |
A da misántropa riquiña
03:00
|
|||
Amor,
isto é o único que lle pides á vida
así que isto é o que cres que necesitas
entón é isto o que che fai sentir ben
Ou non,
que cutre dicir que todo era unha mentira
que pouco aportas se fas que isto se repita
non se pode vir así a unha canción
Amor,
a paz é cara porque igual non a queremos
eu tamén caio adrede e boto a culpa ós freos
a cicatriz é carta de presentación
E non,
non é por cínica ou capricho que me doia
pero por crítica e precaria o que me amola
é ver o ben que convivo co terror
Amor,
será isto o peor ou o mellor das nosas vidas?
Eu que sempre quero ter a quen culpar
“xa está escrito”, canta unha poeta oral
Amor,
mira que autobiografía involuntaria
todo o ouro que non teño e unha palabra
tamén iso podo capitalizar
Amor,
xa non quero estar aquí, xa non me gusta
este cuarto está forrado de dolor
a misántropa riquiña... xa marchou?
|
||||
2. |
Ala, veña
03:57
|
|||
E dixo con toda a lei
inda que pareza un espanto
máis non aguanto
se hai que ferir, firo eu
E vai ensaiando a indulxencia
tamén o verbo despachar
repite comigo:
eu tampouco navegar
Anaquiños de ostracismo
feitos co que teñas a man
que é a boca
que ben o fas regular
Quen envexa a quen envexa?
Dis ti tan disposta a morrer.
Non te conteñas
tes boa madeira de ex
Un só dato incuestionable
un premio deserto á razón:
quen ri de última
máis tempo triste botou
|
||||
3. |
Abril, cerral
03:00
|
|||
Somos a túa moral escrupulosa e estás equivocada
Somos a xente á que fixeches dano, sóanos a túa cara
Somos o día que pediches outra e nunca máis fuches a casa
Somos todo iso que pagaches coa moeda da desgana
Ímosche timbrar
Ímosche pedir que saias e que nos deixes pasar
porque queremos comprobar
de que cor tedes as sabas as que vivides aí...
como está dobrada a roupa das persoas coma ti
Somos aquela vez que che dixeron “isto si pero iso non”
Somos as túas amigas todas xuntas vimos quitarche a razón
Somos a calidade de indomable da que adoitas presumir
Somos as pantasmas do pasado. Abre, xa estamos aquí
Ímosche timbrar
Ímosche pedir que poñas o traxe da comuñón
para que poidas comprobar
que houbo un corpo e agora hai outro que merece descansar...
Ese ollos cos que miras é o que tes que te mirar
Abre a porta
Dá a cara
Vémoste pola ventá
Esa luz que apagaches
non che quita de brillar
|
||||
4. |
Sensata e con coche
02:56
|
|
||
Chama
a alguén que te queira
que mire por ti
Anda
busca aí unha amiga
(hoxe ides discutir)
Sensata e con coche,
que sexa quen de dicir:
Esa canción que tanto che gusta
esa canción que cantas sempre
esa canción que tanto bailas
fala mal de ti
Esa canción que soa no inferno
esa que non bailan todas
a trivial con traxe de intensa
fala mal de ti
Veña
dille que sen ela
que sería de ti
Dille
grazas compañeira
quero ser así:
sensata e con coche.
Sen fallo recórdame que
Esa canción que tanto me gusta
esa canción que canto sempre
esa canción que tanto bailo
fala mal de min
Esa canción que soa no inferno
esa que non bailan todas
a trivial con traxe de intensa
fala mal de min
|
Lucía Aldao A Coruña, Spain
Lucía Aldao é unha poeta coruñesa nacida en 1982. Leva máis de 20 anos dedicándose de xeito profesional ao mundo da poesía escénica, da música e do humor.
Streaming and Download help
If you like Lucía Aldao, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp