PAVA

by Lucía Aldao

/
  • Estas son -as esculturas que a artista Laura Pazos elaborou para PAVA. Coa súa compra recibirás un código de descarga para levar contigo as 5 cancións de PAVA. Trátase dunha edición limitada (só 100!) que conecta o obxecto artístico co proxecto musical. A PAVA, que representa esa porcentaxe de cigarro encetado que se comparte, está elaborada en resina de poliuretano policromada e vernizada. Ten- unhas medidas de 11 x 2,5 cm e érguese sobre unha- base de madeira de 8 cm de diámetro.
    ships out within 30 days
    edition of 100  8 remaining
    Purchasable with gift card

      €40 EUR or more 

     

  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €7 EUR  or more

     

1.
Así que esta é a pel coa que esperta un dragón A paisaxe sen calma e o lume na voz Ti ves sendo a evidencia de parar de buscar Hai mil cousas que indican que todo ha de chegar A deshora A deshora Camiño desterrando tantas cousas Xa non volve ó rejo un animal ferido Está en min mentres durmo Brilla en min mentres choro Son eu que demoro Máis que o tempo Ti recordas o ano no que non enfermei? Acordábame sempre do importante que é ter Unha morte pequena, unha dor sen ronsel Un silencio que incendie o que xamais cantei Ata agora Ata agora Camiño sobre un aire musculado Nunca vin eu diante a ninguén tan feliz Non superei mil probas Colección de derrotas Nunca está todo limpo Cala a boca
2.
Velaí vai Bela aí vai Velaí vai bela Boneca de silveira que andas soa Agardo que a vida sexa boa E que eu che siga o ritmo algunha vez Había tempo que non quería eu querer Tantos días alegando: xa non sei Corazón e dedo índice sinálante A ti Teño o corpo corpo a terra ante a noticia Cada verso sometido a ducha fría Fascinácheste Aldao e agora Agora que
3.
Eu ben sei como ule a noite cando case nada importa coñezo esa sensación. Aquí non se pon o sol é un sucedáneo do amor que berra droga por nós. Se o meu corpo é un resort canto custa a petición de que atenda eu ós meus dons. Filla predilecta de oriúnda das cancións que fan á lúa tremer. Lixeireza de vivir recoller sen sementar arde o bosque e o corazón. Puntual como a obsesión de ver un medo crecer e rezar droga por nós.
4.
Es a memoria dos días que aínda non sei cantar, a primavera morrendo por lerche a palma da man. A ferida de fuxir, a alegría de atopar. Eu estou agradecida se isto remata mañá. Cata de lavas a vida, corpos que quero tocar, xa non sodes nin renuncia: novo verbo desexar. Comeríate enteira, fóra deixaría só a túa man escribindo a letra desta canción.
5.
A do faro 03:16
Que levante a man quen queira un faro saes guapa na foto se dis faro e a luz a luz entrando no sol provisional que é un faro as marcas do esplendor escintilando no mar. Non merece a ruína ningún faro a culpa xamais será dun faro e o mar o mar deixando que amaine a escuridade neste lado onde xa ninguén entra sen un faro, sen luz.

about

PAVA é o título do primeiro proxecto musical en solitario da poeta Lucía Aldao.
Atoparás os cinco temas incluídos en PAVA aloxados en todas as plataformas dixitais, pero só a través de bandcamp podes acceder á súa descarga e a unha das 100 esculturas que a artista Laura Pazos elaborou en exclusiva para o proxecto.

PAVA conta coa produción musical, imaxe e vídeo de Diego Delgado.

credits

released November 25, 2021

license

all rights reserved

tags

about

Lucía Aldao A Coruña, Spain

Lucía Aldao é unha poeta coruñesa nacida en 1982. Leva máis de 20 anos dedicándose de xeito profesional ao mundo da poesía escénica, da música e do humor.

contact / help

Contact Lucía Aldao

Streaming and
Download help

Redeem code

Report this album or account

If you like Lucía Aldao, you may also like: